Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, do contrato de subministracións que ten por obxecto a adquisición de catro vehículos tipo turismo.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) .

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: adquisición de catro vehículos tipo turismo.

b) Lugar de entrega: segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

c) Prazo de entrega: segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado.

Doce millóns (12.000.000) de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Garantía definitiva.

4% do importe da adxudicación.

7. Obtención da documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que se rexerá a contratación poderán recollerse, durante o prazo de presentación de proposicións, no rexistro da sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=93.

8. Presentación das ofertas.

a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

c) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo (8) día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

d) Lugar de presentación: no rexistro da sede central do IGVS.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da sede central do IGVS.

b) Data: o sexto (6) día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, o acto público de apertura das proposicións trasladarase ó seguinte día hábil.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos do anuncio.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo