Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/160-4).

Visto o expediente para outorgamento da declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Toxo.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.184 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio N.42 da L.M.T. ó C.T. de Fontecabalos, rematando no C.T. que se proxecta en Toxo, concello de Lalín. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V. R.B.T., aérea, de 33 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, non se presentaron alegacións no prazo regulamentariamente establecido.

Vistos e cumprido-los trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial

RESOLVE:

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, das devanditas instalacións.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 20 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra