Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Cabalar, nos concellos de Cuntis e A Estrada (provincia de Pontevedra) por parte de J. Antonio López Pampín.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que J. Antonio López Pampín, con domicilio en r/ Walvo A. Insua, 3, A Estrada, presentou nesta delegación provincial, o día 17 de xullo de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Cabalar, de 56 cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Cuntis e A Estrada, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2894 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 30' 40''42º 39' 40''

Vértice 28º 28' 20''42º 39' 40''

Vértice 38º 28' 20''42º 37' 00''

Vértice 48º 30' 40''42º 37' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 30 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra