A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2000.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Resultados da 1ª Campaña e Actualización de Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama: 1.400 pesetas (8,41 euros).