Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.171

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000 pola que se ordena publica-la decisión do xurado do premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Por Orde do 28 de xuño de 2000 (DOG nº 128, do 3 de xullo) convocouse o premio Elías Valiña

ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, co fin de recoñecer e recompensa-los méritos de todas aquelas institucións, asociacións ou entidades culturais que dediquen unha parte significativa da súa actividade á revitalización e promoción do Camiño de Santiago, contribuíndo así ó coñecemento e divulgación do significado histórico, relixioso e cultural da Ruta Xacobea.

O artigo 4 da citada orde establece que o premio será outorgado por un xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou persoa en quen delegue, e estará por integrado polos seguintes membros: o presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, dous membros nomeados polo citado comité, as institucións culturais, padroados ou fundacións que resultasen gañadores nas anteriores convocatorias e os presidentes das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago cos números 13, 14, 15 e 16.

De acordo co citado artigo 4, as decisións do xurado serán inapelables e daranse a coñecer mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó galardoado.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo único.-Ordeno publica-la decisión do xurado do premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

O citado xurado, reunido en Santiago de Compostela o día 16 de novembro de 2000, acordou concede-lo premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, ó proxecto presentado pola asociación Société Française des Amis de Saint Jacques de Compostelle, de París.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo