Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da alcaldía do 24 de novembro de 2000, préstase aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para a contratación das obras que se referencian, exponse

ó público polo prazo de oito días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para que poidan presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, ben que a licitación se aprazará canto resulte necesario, de presentarse reclamacións o prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Rúa de Valdeorras, r/ Velázquez nº 2, 32350 A Rúa de Valdeorras (Ourense).

2. Obxecto do contrato: acondicionamento da rúa Circunvalación, conforme ó prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños José Mª Sorribes Escribá, e aprobado polo Decreto da Alcaldía do 17-10-2000.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 12.236.17 pesetas (75.341,15 euros) IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías.

Provisional: 244.724 pesetas (1.470,82 euros).

Definitiva: 489.448 pesetas (2.941,64 euros).

6. Obtención de información e documentación: na secretaría do Concello da Rúa de Valdeorras, r/ Velázquez nº 2, 32350-A Rúa de Valdeorras (Ourense). Teléfono: 988 31 01 16. Fax: 988 31 13 21.

7. Requisitos xerais do contratista: os sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello da Rúa de Valdeorras durante os 13 días naturais, desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (BOP ou DOG), de 9 a 14 horas, de luns a venres, e sábados de 9 a 13 horas, no rexistro xeral do concello.

b) Documentación que hai que presentar.

Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de acondicionamento da rúa Circunvalación, polo procedemento aberto mediante concurso convocado polo Concello da Rúa de Valdeorras. Constarán de dous sobres pechados A e B, que conterán a documentación sinalada na cláusula 16 do prego de condicións particulares, denominados:

Sobre A, documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.

Sobre B, oferta económica e criterios diferentes ó de prezo ou alternativas ó proxecto do contrato.

9. Apertura de ofertas: ás doce horas do sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

A Rúa de Valdeorras, 24 de novembro de 2000.

José A. Míguez Freire

Alcalde-presidente