Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO de poxa, por procedemento aberto e tramitación urxente, das obras de pavimentación de vías públicas en Santiso.

1. Obxecto do contrato: a presente poxa ten por obxecto a contratación da execución da obra de pavimentación de vías públicas en Santiso.

2. Tipo de licitación: o tipo de licitación é de 9.540.875 pesetas.

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Presentación de proposicións: as proposicións para tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo de trece días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio de licitación, ben sexa no BOP da Coruña, ou no Diario Oficial de Galicia, en horas de 9 a 13 (se coincide en sábado o último día do prazo de presentación de proposicións, este ampliarase ata o luns seguinte), en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represene e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego de cláusulas.

5. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares: os pregos de cláusulas administrativas particulares que van rexer esta contratación, aprobados polo Pleno da Corporación, en sesión do 21 de novembro de 2000, estarán expostos ó público durante os oito días hábiles seguinte á publicación do presente anuncio no BOP, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Apertura de plicas: a pertura das plicas realizarase no salón de sesións da casa do concello, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Modelo de proposición.

Don/Dona..... con domicilio na rúa..... nº.... teléfono...... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa)..... actuando en nombre propio (ou en representación de..... DNI o CIF nº..... e con domicilio en..... nº..... teléfono.....) toma parte na poxa, con procedemento aberto e tramitación urxente, para adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación de vías públicas en Santiso, e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de....., que significa unha baixa de..... en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas e deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas adminstrativas particulares.

11. Modelo do sobre.

Sobre A, oferta económica.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de pavimentación de vías públicas en Santiso, presentada por.....

En..... o..... de..... de 2000.

Sobre B, Documentación.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de pavimentación de vías públicas en Santiso, presentada por.....

En..... o..... de..... de 2000.

12. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiso, 22 de novembro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado