Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía do 24-11-2000 e do disposto nos artigos 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra.

1. Obxecto: abastecemento de auga potable ós núcleos de Pastoriza, Valín e Seixadelo. (Fondo de Cooperación/2000).

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo e financiamento: dez millóns de pesetas (10.000.000 de pesetas, equivalentes a 60.101,21 euros) IVE incluído, con cargo á partida orzamentaria 2000/512-601.02.

6. Prazo de execución: tres meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: excluída.

9. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

10. Clasificación: como empresa de obras, grupo E, subgrupo 1, categoría c), non obrigatoria.

11. Presentación de ofertas: durante os 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está ó dispor de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España, nº 1, 27700 Ribadeo (Lugo), teléfono: 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas, de luns a venres.

12. Modelo de proposición: D./Dª... veciño/a de..., con domicilio en..., titular do DNI nº... en nome propio (ou en representación de..., conforme acredito con poder bastante), informado/a da poxa tramitada polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de abastecemento de auga potable ós núcleos de Pastoriza, Valín e Seixadelo manifesta o coñecemento e conformidade cos pregos de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, e comprométese a executalas na forma determinada nos citados pregos por un prezo de... pesetas (en letra e número).

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas e logo de convoca-los licitadores.

Ribadeo, 24 de novembro de 2000.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde