Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobados os correspondentes pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, anúnciase concurso público para a adxudicación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e execución de cartografía do Concello de Cambados, cun orzamento de licitación de 25.1000.000 pesetas.

As proposicións poderanse presentar durante o prazo de dezaseis días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP de Pontevedra.

Os devanditos pregos poderanse solicitar nas oficinas municipais e o acto de apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, o segundo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para presentación das proposicións. O modelo de proposición figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Cambados, 2 de novembro de 2000.

José Mª Cores Tourís

Alcalde