Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión que tivo lugar o día 31 de outubro de 2000, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación da unidade de actuación nº 30, sita na avenida do Balneario, Arteixo, promovido pola sociedade Patiño y Gestal, S.L., representada por Calixto Patiño Bermúdez, e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, procedéndose en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997, e ó mesmo tempo sometelo a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que coiden convenientes. (Expediente 33/2000.COM).

Ó mesmo tempo suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito da unidade de actuación nº 30 mentres este proxecto non sexa aprobado definitivamente.

Arteixo, 2 de novembro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado