Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, de 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición de equipamento electromédico cirúrxico con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-52/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento electromédico cirúrxico.

c) Lote: 5 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 106, do 1 de xuño de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinteseis millóns trescentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído (26.350.000 pesetas, IVE incluído). (158.366,69 euros).

Lotes nº 1: 2.100.000 pesetas, 12.621,25 euros.

Lotes nº 2: 1.300.000 pesetas, 7.813,16 euros.

Lotes nº 3: 16.000.000 de pesetas, 96.161,94 euros.

Lotes nº 4: 950.000 pesetas, 5.709,61 euros.

Lotes nº 5: 6.000.000 de pesetas, 36.060,73 euros.

5.Adxudicación.

Lote nº 1: equipos de proba electromédicos.

Deserto.

Lote nº 2: equip. fibrolaringoscopio.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Karl Storz Endoscopia Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón trescentas mil pesetas, IVE incluído. (1.300.000 pesetas, IVE incluído). 7.813,16 euros.

Lote nº 3: mesas cirúrxicas.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Fundación García Muñoz, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: quince millóns oitocentas cincuenta e nove mil setenta e tres pesetas, IVE incluído. (15.859.073, IVE incluído). 95.314,95 euros.

Lote nº 4: monitor da profundidade do sono.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Galilei Medical, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: novecentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído. (950.000 pesetas, IVE incluído), 5.709,61 euros.

Lote nº 5: monitor ECG, SPO2, TEM.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Datex Ohmeda, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns de pesetas, IVE incluído. (6.000.000 de pesetas, IVE incluído). 36.060,73 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de novembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos