Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

EDICTO.

Aprobado na Comisión Municipal de Goberno do día 15 de novembro de 2000, o prego de condicións económico-administrativas e técnicas que rexerá a adxudicación da obra de acondicionamento de camiño entre A Veciñeira e o monte Ouzal, incluída no Fondo de Cooperación coas Entidades Locais 2000, da Consellería de Economía e Facenda, faise pública a convocatoria de contratación, mediante o procedemento de concurso aberto e tramitación urxente, ó abeiro dos artigos 71, 73, 74, 78, 85, 120 e 123 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, conforme o seguinte prego que en extracto di:

1. Obxecto.-É obxecto a contratación da execución da obra de acondicionamento de camiño ente A Veciñeira e o monte Ouzal, incluída no Fondo de Cooperación coas Entidades Locais 2000 (Decreto 215/2000), da Consellería de Economía e Facenda segundo proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Javier López Pita.

2. Modalidade e tramitación.-Ó abeiro dos artigos 73 e 74 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, en relación co 85, estimando o órgano de contratación que a definición da prestación aprobada pola Administración é susceptible de ser mellorada por outras solucións técnicas, que poder propoñe-los licitadores mediante a presentación de variantes, ou por reduccións no seu prazo de execución, o sistema de adxudicación será mediante concurso aberto.

Así mesmo o procedemento, dada a necesidade de ter contratada a obra antes do 31 de Nadal de 2000, terá tramitación urxente, coa finalidade de cumpri-lo dito requisito e non perde-la subvención.

3. Prazo de execución: oito semanas (8).

4. Tipo.-Fíxase un tipo de licitación do 10.504.899 pesetas, IVE incluído.

5. Capacidade para contratar.-Están capacitadas para contrata-las persoas naturais, xurídicas españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondiente clasificación ou, no seu defecto, solvencia económica, financeira ou técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e, non estean afectadas por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar, establecidas no dito Real decreto lexislativo.

A Administración poderá contratar con unións de empresas que se constitúan temporalmente para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización destas en escrituras públicas ata que se efectuara a adxudicación), as cales responderán solidariamente ante a Administración e ante a cal nomearán un representante ou apoderado único, sendo necesaria a clasificación de cada unha como empresa de obra.

Vista a contía da obra que se vai executar, nos termos sinalados no artigo 25 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, non se esixe clasificación para esta contratación.

6. Garantía provisional.-De conformidade co establecido no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, non se esixe a prestación de garantía provisional.

7. Garantía definitiva.-A garantía definitiva será do 4% do orzamento do contrato e poderá constituírse de calquera das formas previstas no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos 15 días hábiles seguintes á notificación do concurso. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato.

8. Presentación de proposicións.-As propostas presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada de documentos, das 9 ás 13 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Tamén poderán presentarse proposicións por correo; neste caso, o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar o mesmo día ó organo de contratación, por fax, télex ou telegrama, a remisión da proposición. Sen tales requisitos non será admitida a proposición, no caso en

que se recibira fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

En todo caso, procederase á apertura das proposicións o segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás trece trinta horas.

Cedeira, 18 de novembro de 2000.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente