Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de incendios forestais IF 175/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de 1992 (BOE

do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do Servicio de Correos.

Noméase instructor deste procedemento a Javier Ruiz de Almirón Schlung, funcionario desta delegación que poderá ser recusado en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, edificio administrativo da Xunta de Galicia-Ronda da Muralla, nº 70.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

Expediente NIF 175/2000.

DNI: 33.801.257.

Denunciado: Manuel Varela Veiga.

Ultimo enderezo coñecido: Ronda do Carme, 56-2º E-Lugo.

Feitos imputados: realizar unha queima de herba e restos de ramas, en época de máximo perigo de incendios forestais, estando prohibido prender lume ó aire libre en calquera clase de terreos forestais ou agrícolas.

Precepto sancionador: artigo 138.a) do Regulamento de incendios.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 5.000 pesetas.

Lugo, 2 de novembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo