Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores EN.82 e EN.136/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Asunción Buceta Canay.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo ser recusados en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presentar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoos de que, de non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 31 de outubro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: EN.82/2000.

Denunciado: Carlos López Blanco, enderezo r/ Caraballal-Cela nº 2-Bueu.

DNI: 35306370.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado nas dunas o vehículo-turismo marca Opel, modelo Corsa, matrícula PO-0417-AX, existiendo un cartel que informa da prohibición da entrada ó lugar. Feitos denunciados ás 15.17 horas do día 6 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Melide, no Hío-Cabo Home, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 7-9-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 10.000 pesetas.

-Expediente: EN.136/2000.

Denunciado: Elisa Vilán Comesaña, enderezo r/ Saiáns-Corbeira s/n, Vigo.

DNI: 35874138.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionada nas dunas e motocicleta marca Yamaha, modelo XVZ 1300, con matrícula PO-7260-BN, existindo un cartel que informa da prohibición da entrada ó lugar polas dunas de praia. Feitos denunciados ás 15.40 horas do día 15 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Barra, O Hío-Viñó, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 13-9-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 10.000 pesetas.