Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios necesarios para o desenvolvemento do programa Vive a Neve 2001 na estación de esquí de Pal (Andorra).

A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que seguidamente se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 35/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios necesarios para o desenvolvemento do programa Vive a Neve 2001, na estación de esquí de Pal (Andorra).

b) Prazo de execución: do 3 de febreiro ó 10 de marzo de 2001, ámbolos dous inclusive.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 52.000 pesetas/praza, co IVE incluído, cun máximo de 500 persoas, o que supón un orzamento máximo de vinteseis millóns (26.000.000) de pesetas, co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si (o 4% do importe da adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral e Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n, blq. 3, 1º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 48 53.

e) Fax: 981 54 58 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: si (grupo III, subgrupo 8 e categoría D).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 58 43), ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

a) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data de apertura da documentación administrativa e técnica (sobres A e B): cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo,

a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Apertura oferta económica (sobre C): o oitavo día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 h.

10. Gastos de anuncios.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 16-12-1997)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude