Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración de clave OH.SC.2000.113.

A) Subministración.

Adquisición de dous vehículos todo terreo (4x4) gasóleo para o organismo autónomo Augas de Galicia.

Clave: OH.SC.2000.113.

Orzamento: cinco millóns oitocentas noventa e cinco mil pesetas (5.895.000 pesetas, equivalente a 35.429,664 euros).

Prazo de execución: 15 días.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, calquera dos documentos citados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (aprobada por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e para acredita-la súa solvencia técnica ou profesional, os documentos citados no artigo 18 a) da mesma lei, nos termos precisados na cláusula 2.2.5. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Fianza provisional: dispensada segundo o artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (aprobada por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza de Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de licitación.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará o décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia