Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Por resolución da Alcaldía, con data do 2 de outubro do actual, de conformidade co artigo 1 da Lei 11/1999, que modifica a Lei 7/1985, do BRL, en particular o referente ó artigo 21, apróbase inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución nº 3 do plan xeral de ordenación urbana, presentado por Promociones Alcaró de Tui, S.A., con enderezo na rúa Casal Aboy nº 15-ático, 36700 Tui, o que queda exposto ó público, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste

edicto no Diario Oficial de Galicia, para efectos de alegacións a este.

Tui, 23 de outubro de 2000.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde