Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2000 referente á convocatoria de oposición libre para prover un posto de arquitecto municipal (sec-2000000308).

O alcalde, mediante decreto do día 3-11-2000, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para 2000):

Persoal funcionario.

Posto: un da escala de administración especial, subescala técnica. Clase técnico superior. Denominación: arquitecto.

Publicación íntegra bases e convocatorias: BOP de Ourense nº 264, do 17 de novembro de 2000 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: nos vinte días naturais, seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no BOE.

Sistema de selección: oposición libre.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 21 de novembro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde