Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

O alcalde-presidente, por Resolución do 17 de novembro de 2000, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, da subministración de adquisición dunha retropá para tratamento de residuos sólidos urbanos e execución de saneamentos.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de submnistración, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: adquisición dunha retropá para tratamento de residuos sólidos urbanos e execución de saneamentos, coas características mínimas esixidas na base I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de entrega: Concello da Pontenova.

Prazo de execución: cincuenta (50) día naturais desde a sinatura do contrato.

Orzamento de licitación: 8.999.996 pesetas, IVE e demais impostos incluídos.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisional 180.000 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

A Pontenova, 20 de novembro de 2000.

Enrique Fernández González

Alcalde