Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello adxudicou as seguintes obras: saneamento en Campelo (San Xoán). PPC/2000, á empresa Construcciones Vales, S.L., pola cantidade de 14.784.204 pesetas; saneamento e abastecemento nas Laxes e Poio de Arriba (San Salvador. PSA/00, á empresa Construcciones Vale, S.L., na cantidade de 10.000.000 de pesetas e saneamento e abastecemento en Seimorzáns (Samieira) e Clemente Echevarría (Raxó), á empresa Construcciones Eiriña, S.L., na cantidade de 14.162.702 pesetas.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Poio, 30 de outubro de 2000.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde