Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Acordo do 27 de novembro de 2000, da Comisión de Goberno do Concello de Ferrol, polo que se anun

cia a contratación, polo procedemento de concurso para a execución das obras do proxecto de ampliación e adecuación da sala antiga unidade de enfermería do Hospital de Caridade no Centro Cultural Municipal Torrente Ballester (segundo convenio-derradeira fase de construcción do Centro Cultural Torrente Ballester).

Obxecto.-Execución das obras do proxecto de ampliación e adecuación da sala antiga da unidade de enfermería do Hospital de Caridade no Centro Cultural Municipal Torrente Ballester.

Orzamento base de licitación.-100.000.000 (IVE e demais gastos incluídos).

Formas de adxudicación.-Concurso por procedemento aberto (carácter de urxente).

Prazo de entrega.-18 meses.

Garantías.-Provisional equivalente ó 2% do orzamento ou tipo de licitación e constituída por calquera dos medios a que se refire o artigo 35 do T.R. da LCAP.

Obtención da documentación e información.-O expediente de contratación así coma a documentación técnica unida a el poderán ser examinados no Negociado de Cultura, situado na casa do concello, de 9 a 13.30 horas dentro do prazo de licitación.

Presentación de ofertas.-O prazo de presentación é de 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ferrol, 27 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado