Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DUMBRÍA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de outubro de 2000 acordou, de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, expoñer ó público o avance do Plan xeral de ordenación municipal de Dumbría polo prazo dun mes, contado desde a última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos xornais de maior difusión. Durante o referido prazo as entidades e particulares poderán formular suxestións e alternativas de planeamento que coiden oportunas, e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Dumbría, 31 de outubro de 2000.

José M. Pequeño Castro

Alcalde