Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública unha relación de adxudicacións definitivas de contratatos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición de equipamento electromédico terapia cirúrxica con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-51/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento electromédico terapia cirúrxica.

c) Lote: 6 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 106, do 1 de xuño de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintesete millóns cen mil pesetas, IVE incluído (27.100.000 pesetas, IVE incluído). (162.874,28 euros).

Lotes nº 1: 900.000 pesetas, 5.409,11 euros.

Lotes nº 2: 4.050.000 pesetas, 24.340,99 euros.

Lotes nº 3: 850.000 pesetas, 5.108,60 euros.

Lotes nº 4: 9.300.000 pesetas, 55.894,13 euros.

Lotes nº 5: 2.500.000 pesetas, 15.025,30 euros.

Lotes nº 6: 9.500.000 pesetas, 57.096,15 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1 : equipo de isquemia automático.

Lote nº 5: motor cirúrxico.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Clínica y Control, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns trescentas setenta mil pesetas, IVE incluído.(3.370.000 pesetas, IVE incluído). 20.254,11 euros.

Lote nº 2: equip. bisturí eléctrico.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Disgamédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns seiscentas vinte mil pesetas, IVE incluído. (3.620.000 pesetas, IVE incluído). 21.756,64 euros.

Lote nº 3: desfibrilador.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Galmédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

f) Importe de adxudicación: oitocentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído. (850.000 pesetas, IVE incluído). 5.108,60 euros.

Lote nº 4: equipos de anestesia.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Datex Ohmeda, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: nove millóns trescentas mil pesetas, IVE incluído. (9.300.000 pesetas, IVE incluído). 55.849,13 euros.

Lote nº 6: torre endoscopia cirúrxica.

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Karl Storz Endoscopia Ibérica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

g) Importe de adxudicación: nove millóns cincocentas mil pesetas, IVE incluído. (9.500.000 pesetas, IVE incluído). 57.096,15 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos