Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de diversos contratos de subministracións (SCS.-43/2000).

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición do equipamento de moblaxe de oficina con destino á Dirección Provincial do Sergas de Vigo. (7 lotes) .

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-43/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de moblaxe de oficina.

c) Lote: 7 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 121, do 22 de xuño de 2000, BOE nº 147 do 20 de xuño de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincuenta e nove millóns trescentas cincuenta e dúas mil trescentas pesetas, IVE incluído (59.352.300, pesetas IVE incluído) 356.717,51 euros.

Lote nº 1: 16.456.000 pesetas, 98.902,55 euros.

Lote nº 2: 7.079.800 pesetas, 42.550,45 euros.

Lote nº 3: 2.606.000 pesetas, 15.662,38 euros.

Lote nº 4: 1.600.000 pesetas, 9.616,19 euros.

Lote nº 5: 24.975.000 pesetas, 150.102,77 euros.

Lote nº 6: 3.579.000 pesetas, 21.510,22 euros.

Lote nº 7: 3.056.500 pesetas, 18.369,93 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: cadeiras de traballo xiratorias.

Lote nº 2: cadeiras confidente base patín.

Lote nº 3: cadeiras de brazos confidentes dirección.

Lote nº 4: módulos descanso e sofás.

Lote nº 5: mesas e armarios.

Lote nº6: mesas e armarios de dirección.

Lote nº 7: complementos para oficina.

(Oferta base conxunta nº 1).

a) Data: 3 de agosto de 2000.

b) Contratista: Sutega Mobiliario, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e nove millóns oitocentas noventa mil pesetas, IVE incluído (49.890.000 pesetas, IVE incluído). (299.844,94 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2000.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos