Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo do sector de construcción e obras públicas da provincia da Coruña, pola que se acorda aproba-las táboas salariais do ano 2000 e modificacións do convenio colectivo 1999-2001.

Advertidos erros na resolución, publicada no DOG nº 196, do 9-10-2000, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 13.865, na táboa de retribucións, na columna do Nivel II (Titulado superior), en salario día, onde di: «6.040», debe dicir: «6.640».

-Na columna do Nivel III (Titulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc. org. 1ª), en salario día, onde di: «5.201», debe dicir: «5.291».

-Na columna do Nivel IV (Xefe de persoal, axte. de obra, encargado xral. de fábrica, encargado xeral), en salario mes, onde di: «161.783», debe dicir: «151.783».

-Na columna do Nivel V (Xefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obras, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefes de compras), no total anual, onde di: «2.450.831», debe dicir: «2.453.831».

-Na páxina 13.866, na columna do Nivel XIII (Mozos dos recados e pinches de 16 a 18 anos), na Gratificación de Nadal, onde di: «137.507», debe dicir: «111.507».