Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de novembro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00518-O-2000 e tres máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados/as cos datos e últimos enderezos coñecidos que

se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días, para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta de recadación de multas e sancións

nº 1302 6000 08 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e lles sirva de notificación, ós denunciados/as de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 2 de novembro de 2000.

Gonzalo López González

Instructor

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00518-O-2000

C-1437-BG

G.C. Tráfico

Nueva Despensa, S.L.

Comercio, 7, 15010

A Coruña

Circular unha furgoneta transportando queixos coa tarxeta de transporte caducada.

10-4-2000; 11; C-552; 35,500

Art. 199.b) do Real decreto 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/19905.000 ptas.
XC-00520-O-2000

C-3007-BZ

G.C. Tráfico

Ttes. R. Lorenzo, S.L.

Avd. Iria, 4, 15900

Padrón (A Coruña)

Circular transportando mercadorías paquetería e servicio particular complementario carecendo da tarxeta de transporte.

17-4-2000; 12.05; C-641; 482

Art. 199.b) do Real decreto 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/19905.000 ptas.
XC-00790-O-2000

C-9339-BY

G.C. Tráfico

Monta 12, S.L.

Altamira, nave 3, 6,

15660 Cambre (A Coruña)

Realizar transporte de mobles carecendo da tarxeta de transporte.

11-5-2000; 16.05; N-525; 337,500

Art. 199.b) do Real decreto 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/19905.000 ptas.
XC-00828-O-2000

C-5079-V

G.C. Tráfico

Díaz Cía, S.L.

A. Generalísimo, 115

15400 Ferrol (A Coruña)

Circular co vehículo indicado transportando mercadoría de alimentación, levando distintivos de radio de acción autonómicos. Segundo tarxeta transporte provisional correspóndelle nacionais.

15-5-2000; 12.45; AC-113; 2,400

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/199015.000 ptas.