Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0008161/2000, interposto por Natividad Barreiro Domínguez, José Luis Mourullo Rivas, José Antonio Miguel Otero, José Luis Pérez Peón e José Freire Otero.

Recibiuse nesta consellería escrito da Sección Terceira da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se reclama o expediente administrativo referido ó recurso contencioso-administrativo número 03/0008161/2000, interposto por Natividad Barreiro Domínguez, José Luis Mourullo Rivas, José Antonio Miguel Otero, José Luis Pérez Peón e José Freire Otero contra o Decreto 171/2000, do 29 de xuño, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obras de construcción da Cidade da Cultura de Galicia, tramitándose polo procedemento de urxencia.

Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 49 da citada Lei 29/1998, notifícaselles ós interesados e son emprazados para que poidan comparecer en forma de demandados no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo