Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto de tramitación urxente.

1. Obxecto do contrato: a execución das obras de equipamento urbano e reposición de pavimentos na rúa Rivero de Aguilar.

2. Prazo do contrato: seis meses.

3. Prezo do contrato: 19.000.000 de pesetas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 380.000 pesetas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro de licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 27 de outubro de 2000.

Joaquín J. Gago López

Alcalde