Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO relativo ó estudio sobre a superación de indicadores relativo ó número de licencias en distintos núcleos rurais no termo municipal de Vigo.

O Consello da Xerencia Municiapal de Urbanismo, en sesión do día 14 de outubro, acordou declarar que nos núcleos que se indican a continuación, se superaron os indicadores que para determina-la necesidade de formación de plans especiais contén o punto 3.9.5. das normas urbanísticas, e xa que logo declarar esgotadas as posibilidades edificatorias e parcelatorias do referido núcleo mentres non se aprobe o correspondente plan especial, así como inicia-lo expediente de formulación do Plan especial de mellora do núcleo, por redacción directa dos servicios técnicos municipais de planeamento, ou mediante contratación dunha asistencia técnica.

Os núcleos son os seguintes:

Expediente: 6046/411.

Núcleo: 18.01 San Xoán.

Tipo: C.

Expediente: 6036/411.

Núcleo: 03.21 Chans.

Tipo: C.

O que se publica para xeral coñecemento.

Vigo, 27 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo