Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de equipamento informático con destino ós concellos da provincial da Coruña integrados na 4ª fase de informatización municipal. (Expediente 00/9997 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de equipamento informático con destino ós concellos da provincia da Coruña integrados na 4ª fase de informatización municipal.

Lugar de entrega: servicio de asistencia a municipios e 82 concellos da provincia da Coruña integrados na 4ª fase do Plan de Informatización Municipal.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 37.000.000 de pesetas., 222.374,48 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5º, 15003 A Coruña, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 22 de novembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña