Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Dirección Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante gasto anticipado e polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do sevicio de limpeza da nova sede desta dirección provincial na rúa García Barbón, 51, de Vigo.

A directora provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra en Vigo, en virtude das atribucións

que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998,

RESOLVE:

Convoca-lo expediente de contratación de gasto anticipado 1/2001, polo sistema de concurso público e procedemento aberto con tramitación anticipada do gasto.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Dirección Provincial do Sergas de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Investimentos, r/ Coruña, 24, 36211 Vigo.

Teléfono: 986 81 41 08.

Fax: 986 81 41 16.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto.

3.Obxecto, prazo e orzamento do contrato: servicio de limpeza das dependencias administrativas da nova sede desta entidade na rúa García Barbón, 51, Vigo, que se executará a partir da data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2002, cun orzamento máximo anual de 16.800.000 pesetas.

4. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

6.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os pregos que rexen a contratación: ver punto nº 1.

b) Data límite de recepción das ofertas: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación de esta resolución no DOG.

c) Dirección á que deben dirixirse: ver punto nº 1.

7. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas no domicilio indicado no punto 1, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

8. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 7.2º do prego de cláusulas administrativas.

9. Anuncios: o pagamento do importe do anuncio da presente resolución será por conta do adxudicatario.

Vigo, 15 de novembro de 2000.

Lucía Molares Pérez

Directora provincial de Pontevedra