Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do día 24 de novembro de 2000, o alcalde vén de aprobar incialmente o estudio de detalle que se concreta no lugar do Tremo, parroquia de Santa María dos Anxos, confeccionado polos arquitectos F. Otero Méndez e Javier Amenedo Ansede, do que é promotor a empresa Balneario do Tremo, S.L.

O que se fai público en cumprimento do artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no DOG, para exame e coñecemento de tódolos posibles afectados e formulación de alegación, se for o caso.

Brión, 24 de novembro de 2000.

José Luis García García

Alcalde