Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 27 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-1642/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-1642/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir do día da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente 15-1642/1999.

Inculpado: Telecomfer, S.L.

Enderezo: Pontevedra nº 21, 15403 Ferrol.

Sanción e motivos: (100.000 pesetas) obstrucción ó labor inspector.

Data da resolución: 25-9-2000.

A Coruña, 27 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña