De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-1061/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir do día da notificación da presente resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os dias dezaseis e o derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente 15-1061/1999.
Inculpado: Transcampo Componentes, S.L.
Enderezo: avda. de Ortigueira nº 31, B, 15320 As Pontes de García Rodríguez.
Resolución: sobresemento.
Data da resolución: 25-10-2000.
A Coruña, 27 de outubro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña