Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico das Lampas-Rañadoiro para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 067-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico das Lampas-Rañadoiro coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A., avda. do Cruceiro, 201-A. 15705 Santiago de Compostela.

Situación: concellos das Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Folgoso do Courel e Samos (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PS1648.0004.728.000

PS2651.0004.728.000

PS3652.0004.727.000

PS4651.0004.726.000

PS5648.0004.726.000

PS1648.0004.733.000

PS2650.0004.735.000

PS3650.5004.735.000

PS4656.5004.729.000

PS5654.0004.727.000

PS6651.0004.729.000

PS7651.0004.731.000

Superficie afectada: 700+2.750 ha.

Potencia bruta: 38,25 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o proce

demento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 23 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo