Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Tremeado e Ferreiros, no concello de Sarria e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 38/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea de Tremeado, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, orixe na L.M.T. ó C.T. de Cabezares e remate no C.T. de Tremeado, cunha lonxitude de 0,785 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 8 apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie de Tremeado, situado en Tremeado, cunha potencia de 50 kVA.

3. Liña de baixa tensión de Tremeado e Ferreiros, con orixe no C.T. de Tremeado, lonxitude 1,515 km e 24 apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: L.M.T., C.T., R.B.T. Tremeado e FerreirosProvincia: Lugo

Exp. 38/1999 A.T.Termo municipal: Sarria

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

1A RegueiraOlga López RodríguezR/ Calvo Sotelo, 135

27600 Sarria

1,242703.300

3A RegueiraPradoAmelia Leirado FernándezR/ Galicia, 21, 5º C

27002 Lugo

3187870

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

4A RegueiraPradoRepresenta: Delfina Fernández. Hros. de José Fernández FernándezSa, 104, O Páramo4261610

5A RegueiraMonte altoRepresenta: Eladio Sánchez. Antonio Sández LópezAvda. das Américas, 22, 3º B

27004 Lugo

3100

7SabarizLabradíoRepresenta: Delfina Fernández. Hros. José Fernández FernándezSa, 104, O Páramo12120

8SabarizLabradíoRepresenta: Eladio Sández. Antonio Sández LópezAvda. das Américas, 22, 3º B

27004 Lugo

6164640

10As LaxasPradoRepresenta: Delfina Fernández. Hros. José Fernández FernándezSa, 104, O Páramo7,841281.280