Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 15.999

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma.

De conformidade co previsto na base sexta da Resolución do 3 de agosto de 2000 (DOG nº 171, do 4 de setembro) pola que se fai pública a convocatoria do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma, rematada pola comisión de valoración a tarefa de baremación dos méritos alegados e acreditados polos concursantes, procede resolver provisionalmente o dito concurso de traslados.

En consecuencia, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Declarar resolto provisionalmente o concurso de traslados para a cobertura de postos de

traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma convocado por Resolución do 3 de agosto de 2000 (DOG nº 171, do 4 de setembro), adxudicándolles ós participantes a puntuación provisional acadada segundo corresponda a cada nivel do posto ou postos solicitados e, se é o caso, o destino dun xeito provisional, sen que este supoña ningún dereito ou expectativa.

As correspondentes listaxes de adxudicación atópanse expostas nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Declarar excluído deste concurso de traslados a Juan Carlos Jiménez Pereira, con DNI 36.026.208, por pertencer a unha das clases de persoal expresamente excluídas pola base primeira 1.1. para participar neste concurso.

Terceiro.-De conformidade co establecido na base sexta da Resolución do 3 de agosto de 2000, os interesados disporán dun prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución provisional, para formularen reclamacións contra ela ou, de se-lo caso, para emendaren aquelas causas de exclusión que sexan susceptibles de tal emenda.

A estimación ou, se é o caso, desestimación das reclamacións que se acheguen, entenderase implícita na resolución definitiva do concurso.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos