Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 15.999

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de novembro de 2000 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais, ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicio, considerándose neste sentido, de non emitirse no prazo de 15 días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do/a funcionario/a. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer

potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación do posto: xefe Servicio Provincial de Inspección.

Código do posto: ED.C99.10.000.32001.108.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Ourense.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.459.680.

Corpo ou escala: xeral/docente.

Titulación académica: superior.

Requisito indispensable: 3 anos de experiencia na función inspectora na provincia.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 15998.