Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2000 pola que se anuncia o concurso para o acondicionamento da Granxa do Xesto no Monte Pedroso (1ª fase).

Obxecto do contrato: é a execución das obras de acondicionamento da Granxa do Xesto no Monte Pedroso (1ª fase) de acordo co proxecto elaborado pola empresa Consultores de Medio Ambiente y Desarrollo, integrado polos documentos enumerados no artigo 124 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Tipo de licitación: 17.073.186 pesetas IVE incluído (102.611,91 euros).

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de trinta días contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicación que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova r/ Nova de Abaixo, nº 12, local 4, teléfono 981 59 23 93. Santiago de Compostela.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de condicións.

Garantías: provisional: 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/a..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (pasaporte ou documento que o sbustitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., e con domicilio en..., número..., teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para estes efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de... (IVE incluído), que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En... o... de... de 20...

O licitador

(asinado e rubricado).

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de... presentada por...

En... o... de... de 20...

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado