Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Resolución da presidencia do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, polo que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, mediante poxa pública e trámite de urxencia da contratación da execución das obras de construcción de parte do chousume perimetral do parque zoolóxico da Madroa, da cidade de Vigo.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: oficina administrativa de Vigo-Zoo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras de parte do chousume perimetral do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e fomra de adxudicación.

a) Trmatitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa pública.

4. Orzamento base de licitación.

Importe: 13.899.004 pesetas (trece millóns oitocentas noventa e nove mil catro pesetas), (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas amdinistrativas e as bases técnicas están ó dispor dos interesados para o seu exame na oficina de información, sita na planta baixa da Casa do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, nos días e horas hábiles de oficina o prazo de presención de proposicións.

As copias da documentación poderán obterse na mesma oficina, mediante o aboamento do seu importe.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos diarios a que se remita; DOG e BOP, e rematará o décimo terceiro (13) día natural, ás 13 horas, agás que o último día fora domingo ou festivo, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: licitadores: presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Vigo, sito na planta baixa da Casa do Concello, praza do Rei, s/n da cidade de Vigo, código postal 36.201.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses desde a data da apertura das proposicións.

9. Admisión de variantes.

Admítense as previstas no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas.

Terá lugar, en acto público, na sala anexa á Alcaldía do Concello de Vigo, sita na planta primeira da Casa do Concello, ante a mesa de contratación de Vigo-Zoo, no terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación das prescricións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos que orixine a publicación dos anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 24 de novembro de 2000.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo Vigo-Zoo