Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 17 de novembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial do sector D-1 da zona D das normas subsidiarias de planeamento de San Cibrao das Viñas (Ourense), por iniciativa da sociedade Suido, S.L. e outros.

O expediente é sometido á información pública, polo prazo dun mes para o seu exame e alegacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

San Cibrao das Viñas, 20 de novembro de 2000.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa