Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 17 de novembro de 2000, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual das NN.SS. planeamento municipal redactado polo arquitecto colaborador municipal Ramón Valencia Hentschel, no que se refire, á modificación da regulación relativa ó uso do garaxe-aparcamento (artigo 45 da normativa), así como á modificación da regulación dos usos permitidos en diversas ordenanzas do solo urbano e de núcleo rural (artigos 59, 60, 61, 62, 63, 64, 71 e ordenanza do sector A do polígono industrial), no relativo ós usos de equipamento hostaleiro e hoteleiro e a posibilidade de permitir estacións de servicio.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e DOG e comunicarllo á consellería competente en materia urbanística, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo.

San Cibrao das Viñas, 20 de novembro de 2000.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa