Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de ampliación de oferta de emprego público e convocatoria dunha praza de técnico de Administración xeral.

Por decreto da alcaldía de 10 de novembro de 2000 aprobouse a ampliación da oferta de emprego público para o ano 2000, consistente nas seguintes prazas:

-Unha de técnico-tesoureiro, pertencente ó grupo A, da escala de Administración especial, que se proverá mediante promoción interna entre funcionarios da propia corporación, por concurso.

-Unha de técnico da Administración xeral, pertencente ó grupo A, da escala de Administración xeral, que se proverá polo sistema de concurso-oposición e acceso libre.

Así mesmo por decreto da alcaldía do 10 de novembro de 2000, aprobáronse as bases que rexerán a selección dunha praza de técnico de Administración xeral, polo sistema de acceso libre e concurso-oposición. O contido íntegro das bases atópase publicado

no BOP da Coruña nº 267, do 21 de novembro de 2000.

Sada, 21 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado