Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación (expediente 1097/2000).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Marín.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Número de expediente: 1097/2000.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a concesión da xestión do servicio de recollida de lixo e o seu transporte do Concello de Marín.

Prazo do contrato: 16 anos, prorrogable unha vez por un período de oito anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Prezo do contrato.

Importe: 1.431.814.080 pesetas (8.605.369,30 euros) polos 16 anos de contrato, 89.488.380 pesetas (537.835,58 euros) por anualidade.

5. Garantías.

Provisional: 28.636.282 pesetas (172.107,39 euros).

Definitiva: 4% do importe da adxudicación correspondente os 16 anos de contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Marín (secretaría).

Enderezo: avda. Ourense, s/n.

Localidade e código postal: Marín-36900.

Teléfono: 986 88 03 00.

Telfax: 986 88 20 13.

Data límite para solicitar documentación e información: ata o día en que se remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por calquera dos medios esixidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Cualificación esixida ó contratista: grupo III, subgrupo VI, categoría D.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: vinteún días naturais (21) contados desde o derradeiro día de publicación deste anuncio no DOG e no BOP.

Documentación que integrará as ofertas: constará de dous sobres. No sobre A, baixo a denominación, documentación xeral, incluiranse os documentos necesarios para que o contratista poida participar no concurso.

No sobre B, baixo a denominación, proposta económica e técnica, realizarase a oferta que constará dun proxecto de servicio e duns orzamentos. Todo isto conforme o sinalado na cláusula 15 do prego de cláusulas administratias particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Marín, sito na avda. Ourense s/n, Marín 36900.

9. Apertura de ofertas.

Na sala da Comisión de Goberno, do Concello de Marín, en acto público que terá lugar ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias, agás que coincida en sábado, suposto no que o acto se trasladará ó luns seguinte á mesma hora. Neste acto abrirase o sobre B e darase conta da cualificación da documentación xeral.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó que figura no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Marín, 24 de novembro de 2000.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente