Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada no 15 de novembro de 2000, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso, para a execución das seguintes obras:

A) Intervención mellora medio urbano na Rúa da Fraga.

B) Intervención mellora medio urbano na Rúa Illas Canarias (entre Illa da Madeira e Rúa Pardillo).

C) Saneamento xeral e mellora do medio urbano no barrio de Albeiros-Rúa do Álamo.

D) Intervención mellora do medio urbano na Rúa San Antonio.

E) Saneamento xeral e mellora do medio urbano no barrio da Tinería-Rúa Falcón e Rúa do Moucho, polo presente anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras antes sinaladas.

b) Prazo de execución: para as sinaladas nas alíneas A) e B) dous meses, para o resto (C, D e E) dous meses e medio. Non obstante, os prazos serán os ofrecidos na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: A) 20.700.773 pesetas, B) 20.000.000 de pesetas, C) 25.184.268 pesetas, D) 27.570.344 pesetas e E) 32.908.685 pesetas. Non obstante, os prezos dos contratos serán os ofrecidos polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: o 2% sobre dos orzamentos de licitación: A) 414.015 pesetas, B) 400.000 pesetas, C) 503.685 pesetas, D) 551.407 pesetas e E) 658.174 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c (b, para a obra da Rúa San Antonio) e grupo E, subgrupo 1, categoría d.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava dos pregos de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Otras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 15 de novembro de 2000.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente-alcalde delegado da Área