Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

EDICTO.

O Pleno da Corporación en sesión ordinaria 13/2000, realizado o día 9 de novembro, aprobou inicialmente o proxecto de bases e estatutos de actuación da Xunta de Compensación do polígono

III do plan parcial Rosal Sur promovido por José Luis Álvarez Souto.

En cumprimento co disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG para os efectos de poderen formula-las alegacións que consideren oportunas as persoas e entidades interesadas.

Moaña, 14 de novembro de 2000.

Javier Barreiro Tenorio

Alcalde