Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (14/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 8 de novembro de 2000, dictou a seguinte resolución:

«Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación das bases e estatutos da xunta de compensación que se constituirá para a execución do sector integrado polo plan parcial en SRAU Altamira-Zapateira.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Juan A. Martínez Gómez en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a Juan A. Martínez Gómez como presidente dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE número 103, do 30 de abril), advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na Avda. da Mariña nº 18, entre as 12 e as 14 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderá consultalo e presentar cantas alegacións teña por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 8 de novembro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda