Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria realizada o 16 de novembro de 2000, prestou aprobación inicial ó proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Boiro para a remodelación urbanística en solo urbano de baixa densidade de Barraña.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia en relación co artigo 50 do mesmo corpo legal, co fin de que os interesados poidan durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Boiro, 22 de novembro de 2000.

Manuel López Outeiral

Alcalde-presidente en funcións