Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión con data do 16-10-2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a adxudicación, en procedemento aberto, mediante a forma de concurso, do contrato de consultoría e asistencia para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal e cartografía 1/2000 núcleos do concello dos Blancos, o que se expón ó público na secretaria do concello polo prazo de 10 días hábiles para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato de consultoría e asistencia, mediante

concurso, en procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 11.200.000 pesetas.

Fianza provisional: 224.000 pesetas.

Fianza definitiva: 448.000 pesetas.

Proposicións: presentaranse no rexistro do concello durante o prazo de quince días, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Os criterios da valoración e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello dos Blancos.

Teléfono: 988 46 75 06; fax: 988 46 75 98.

Os Blancos, 20 de outubro de 2000.

José Juan Puga Quintas

Alcalde