Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BANDE

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Bande polo que se anuncia a adxudicación da realización dun Plan Xeral de Ordenación Municipal polo procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 78 do LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-los traballos de realización do Plan Xeral

de Ordenación Municipal, conforme o seguinte contido:

Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a elaboración e redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Duración do contrato: 2 anos e medio.

Tipo de licitación: 10.000.000 de ptas.

Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 600.51 do orzamento en vigor e a subvención da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación.

Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os 4 primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

Garantía definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: durante os 13 días naturales seguintes á publicación do anuncio de licitación.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Modelo de proposición: o recollido na cláusula 24 do prego de cláusulas.

Bande, 14 de novembro de 2000.

Amador de Celís Suárez

Alcalde